Cuñarro

Marcos Cuñarro López

Defensa

Data de nacemento: 02-07-1976

Equipos:

S.D.Chantada

"EMPECEI CON 8 AÑOS A ADESTRAR CO CHANTADA CON MANOLO DE ENTRENADOR. POLA MIÑA IDADE NON COMPETÍA EN EQUIPO FEDERADO PERO DISPUTABAMOS PARTIDOS DE FÚTBOL SALA CONTRA TABOADA, ESCAIRÓN, ETC.

LOGO, CON 11 AÑOS EMPECEI A IR CONVOCADO COS INFANTÍS SEGUINDO DE ADESTRADOR MANOLO. NESTA ÉPOCA AÍNDA XOGAMOS A LIGA DE LUGO CON SARRIANA, CALASANCIO, ETC. LOGO INSCRIBÍRONNOS NA LIGA DE OURENSE E XA PASEI A CADETES, ONDE APARECEU POR PRIMEIRA VEZ O MEU CONTACTO CON PATEIRO COMO ADESTRADOR, CON QUEN SEGUIRÍA ATA O MEU ÚLTIMO AÑO DE XUVENIL, ONDE ENTRABA NAS CONVOCATORIAS DO PRIMEIRO EQUIPO, DEBUTANDO CON AGUIAR COMO ADESTRADOR. ESA TEMPADA TERMINOUNA PICA DIRIXINDO O EQUIPO DE 1ª REXIONAL.

O MÁIS DESTACADO NA MIÑA ETAPA DE XUVENIL FOI A CLASIFICACIÓN PARA DISPUTAR A FASE DE ASCENSO A LIGA GALEGA, ONDE ELIMINAMOS Ó VILALONGA, E QUEDAMOS ELIMINADOS POLO SÁRDOMA NA ÚLTIMA RONDA ANTES DE CONSEGUIR O ASCENSO.

XA COMO AMATEUR ESTIVEN UNHA TEMPADA CON CANO DE ADESTRADOR. CATRO ANOS ÁS ORDES DE TOÑITO SANMARTÍN E UN CON MAROLAS; EN TODOS ESTES ANOS PASAMOS SEN PENA NIN GLORIA POLA 1ª REXIONAL. TRAS ESTO, CON 23 AÑOS DECIDIMOS ASUMIR A DIRECTIVA DO CLUBE ENTRE UN GRUPO DE XOGADORES DO PRIMEIRO EQUIPO E DECIDÍN NON COMPATIBILIZAR O CARGO DE PRESIDENTE CO DE XOGADOR."