Carlos (presidente da S.D. Chantada) 

"O obxectivo é traballar con xente do pobo, e

 loitar contra as adversidades que se presenten

con coherencia e respeto"

 

  1. Trala dimisión de Fonsi pasas a ser o novo “presi”.

Esa foi a decisión que adoptou a directiva, sin outro motivo máis que eu era nese intre, o que aparecía como Vicepresidente, e desta maneira a Sociedade sufrirá o menos posible a marcha do anterior presidente.

  1. ¿Cres que se conseguiron os obxectivos marcados desde que ti eres directivo?

Creo que nestes seis anos se conqueriu algo impensable cando asumimos a directiva. Aspectos importantes que fan da Sociedade Deportiva Chantada un referente para tódolos equipos da comarca e da provincia.

Desde o punto de vista deportivo foron varios os logros:

o            Creouse un equipo filial, que posibilite a todo o mundo a práctica do fútbol, facilitando a disponibilidade para poder entrenar.

o            Ascender o equipo de xuvenís á liga Galega, e conquerir asentalo nela.

o            Os cadetes xogaron en diversas ocasións a fase de ascenso a liga Galega, e consolidáronse de maneira regular nos postos altos da clasificación.

o            Incorporar xogadores ás seleccións provinciais, e formar a outros para na actualidade militar en equipos de superior categoría.

o            Conquerir o ansiado ascenso a Rexional Preferente do primeiro equipo, e consolidalo nesta categoría. A maiores de ganala Copa Diputación por primeira vez na historia do clube.

o            Creouse unha coordinación deportiva, que conta con entrenadores cualificados desde o punto de vista técnico e académico. Este engranaxe conta así mesmo con un fisioterapeuta, que marca as líñas que os adestradores deben seguir cos diferentes equipos.

Se prestamos atención ó que son aspectos socioeconómicos, a melloría foi tamén evidente:

o            Ampliouse a masa social ata chegar a máximos históricos, xa que na actualidade estamos preto dos mil abonados. A parte, temos o campo onde máis aficionados acuden de toda a Rexional Preferente, con entradas que ben as quererían equipos de superior categoría.

o            Saneáronse as contas do clube, e agora podemos presumir de que temos unha Sociedade sen débedas de ningún tipo.

o            Conquerimos a confianza dos patrocinadores e estamentos públicos, da categoría da Secretaría Xeral para o Deporte.

 

  1. ¿Qué obxectivos hai para a presente campaña?

Ser capaces de asentar o clube cos logros conqueridos nos anos pasados, e a poder ser fortalecer as bases do clube, no apartado deportivo.

 

  1. En canto á túa faceta de xogador; a campaña estase desenrolando bastante ben para o equipo…

Estamos contentos porque rematada a primeira volta, temos 8 puntos máis que o ano pasado a estas alturas, a pesar de que son moitas as baixas que estamos tendo neste último treito. Baixas que confiamos recuperar para poder acabar a tempada de maneira tranquila e desafogada.

   5. ¿Queres mandar algunha mensaxe á afición chantadina?

Simplemente quero agradecer o apoio que nos da, xa que na maioría dos casos coinciden cos argumentos básicos desta directiva. Traballar con xente do pobo, e loitar contra as adversidades que se presenten con coherencia e respeto.

 

MOI PERSOAL

  1. Un color: o Roxo
  2. Unha comida: Xamón
  3. Unha bebida: Viño Tinto
  4. Un número: o 5
  5. Un equipo: o Chantada
  6. Un libro: La vida invisible, de Juan Manuel de Prada
  7. Unha película: La vida es Bella, de Roberto Benigni
  8. Un xogador: Bebeto
  9. Un adestrador: Arsenio
  10. Un hobbie: Viaxar
  11. Outro deporte: Automovilismo
  12. O partido do que mellor recordo tes: O ascenso a Rexional Preferente
  13. Unha frase: “Sempre parece que medra a herba mais alta ó outro lado do muro”
Entrevistas anteriores:                 Pateiro                   Rubén                Héctor              Dani
Fonsi        Bruno


Página principal