|
|
Kadete
(jugador del Chantada) "Este domingo necesitamos o xogador “número 12”" |
A verdade é que a min paréceme que hai menos nivel que o ano pasado, pero sen embargo parece que nos está costando máis conseguir puntos este ano. Hai equipos que creo que poucos máis puntos van conseguir porque os vexo con moi pouco nivel, e o final de tempada vai ser moi duro porque está todo moi igualado. Este ano se hai algún resultado moi escandaloso é debido a que un equipo é moi frouxo, non porque o outro sexa moi bo.
Quédome co Flavia e Ordes, bloques moi compensados
Sarriana e Foz
Nós sabemos que manternos nesta categoría pasa por ser máis fortes ca ninguén en defensa; mentalizámonos deso e agora somos un bloque moi duro e é difícil facernos gol. Sabemos que defendendo ben temos moito gañado en cada partido, porque temos xente arriba que pode desequilibrar o partido en calquera momento; si que é certo que non estamos tendo moita sorte de cara ó gol, pero agora estamos entrenando moi ben e se seguimos nesta liña o equipo non tardará en ir para arriba.
Empecei a xogar ó futbol en cadetes de primeiro ano na S.D.Chantada. Ó ano seguinte xogei cos xuvenís (de ahí o nome de Kadete). A tempada seguinte xoguei en primeira rexional co primeiro equipo e logo fun unha tempada para o Pabellón de Ourense para División de honor xuvenil. Pero a S.D. deume a oportunidade de, sendo xuvenil, xogar en preferente no equipo do meu pobo e non dubidei en volver, e con esta xa levo dúas tempadas seguidas no primeiro equipo
Eu canto máis arriba mellor… Pero creo que donde máis rendemento podo dar é en tarefas defensivas, ben sexa de central ou medio centro defensivo.
En todos os partidos é importante o apoio da afición, pero a liga estase acabando e nós necesitamos os puntos; este partido é moi importante para os nosos obxetivos, non se nos poden escapar máis puntos na casa e por eso necesitamos o xogador “número 12”. Todos xuntos seremos máis difíciles de vencer.
¡¡¡Nin o dubido!!! O equipo agora está ben, estámonos atopando cómodos no campo e confiamos moito no noso potencial. A verdade é que todo parece indicar que vai haber moitos arrastres, pero eu creo que non vamos ter maior problema se seguimos na liña destes ultimos partidos. MOI PERSOAL 1. Unha cor: azul 2. Un número: 13 3. Unha comida: Calquer carne… Son carnívoro 4. Unha bebida: Zumo 5. Un equipo: Deportivo; teño pasión por o Osasuna 6. Un libro: El código Da Vinci 7. Unha película: Salvar al soldado Ryan 8. Un xogador: Mauro Silva 9. Un adestrador: Javier Irureta 10. Un hobbie: xogar á Play 11. Outro deporte: Todos 12. O partido do que mellor recordo tes: Calquera desde que empecei a xogar, encantame xogar ó futbol e quédome con todos; de todos aprendín algo 13. ¿Tes algunha manía cuando saes a xogar?: Dar tres saltos ca perna dereita ó entrar o campo e presignarme 14. O teu mellor gol: Non é o meu forte marcar goles, quedaríame con todos, pero quizais cando estaba no Pabellón contra a Cultural Leonesa, deunos tres puntos e vida para tentar salvarnos. 15. Unha frase: “Un non sabe o que ten ata que o perde”
|
| Entrevistas anteriores: Pateiro Rubén Héctor Dani |
| Fonsi Bruno Carlos Iago André Boado Lois Fredi Fran |
| Cabezas |