Traste (adestrador do xuvenil e xogador do Chantada)

 

"A tempada do primeiro equipo transcorre sobre o previsto: inicio de adaptación e a partir de aí loitar pola permanencia"

"Creo que como adestrador estou no mellor sitio que podo estar neste intre"

 

"O obxectivo esta tempada no cadro xuvenil era recuperar valores; creo que o estamos a conseguir"

"Momentos puntuais priváronnos de estar máis arriba a estas alturas de tempada"

Antes de nada, analízanos a tempada do cadro xuvenil ata o de agora.

Para facer unha análise coherente debemos ter en conta principalmente cales eran os obxetivos deste equipo antes de comezar a tempada. Desde a primeira conversa que mantiven coa xente do clube, quedou moi claro que era o que pretendía a SD Chantada para o equipo xuvenil. Neste sentido calificaría a tempada con un notable, xa que conseguimos aumentar o nivel de esixencia en aspectos básicos como poden ser disciplina, organización e o esforzo. A nosa principal misión é a formación, algo que todos os adestradores destas categorías creo que debemos ter claro. Se imos máis alá e pretendemos analizar resultados, creo que a tempada é aceptable, foron pequenos matices os que evitaron que agora mesmo incluso estiveramos nunha posición mellor. Pero repito, o obxetivo máis importante cumpliuse ata o de agora.

Pode sorprender que sendo un equipo recén descendido non se esté a loitar por disputar a promoción de ascenso, ¿a qué cres que se pode deber esto?

Entendo que para moitos así será, pero os que conocemos a realidade deste equipo actualmente non nos colle por sorpresa isto. Estamos a falar dun equipo moi novo, casi un 50% do plantel está formado por xogadores que se incorporaron de cadetes esta tempada. Varios rapaces chegaron este ano o clube ou directamente iniciaronse no fútbol fai meses, así como outros que regresaron despois de ver interrumpida nalgún momento a práctica do fútbol. A eso hai que sumarlle que varios rapaces durante o último tramo estiveron co equipo senior de primeira rexional. Todo isto fai que se necesite un proceso de adaptación que impide que os resultados sexan inmediatos en canto a números. A pesar de todos os hándicaps cos que contamos, creo que aínda tivemos opción de pelear por estar entre os mellores da categoría, pero pagamos unha mala seira de resultados xusto antes do parón de nadal. Conseguimos 1 punto de 18 posibles, e esto fixo que nos distanciaramos moito. Non mostramos regularidade neste momento de competición que era transcendental. Dito esto, non podo máis que felicitar os meus xogadores pola mellora como equipo que tivemos dende aquel 7-0 encaixado en Arrabaldo a primeira xornada. Moitos partidos os rapaces recibiron a noraboa do público asistente pola súa entrega e pola nosa idea de xogo a pesar das derrotas. Eso debe ser para eles un premio como chegar a loitar por esa promoción.

A época recente da SD Chantada está marcada por un equipo xuvenil en Liga Galega, ¿cómo de importante cres que é eso para o clube?

A verdade é que penso que debe ser un dos próximos obxetivos do clube. Hai que ter en conta que a filosofía desta SD Chantada é apostar polacanteira, por darlles oportunidades os rapaces que van saíndo das categorías inferiores nos dous equipos senior. Entón deben saír o máis preparados posibles para as seguintes experiencias que lles toque vivir neste mundo do fútbol. Para iso, estar en liga galega será vital xa que os acercará a ese nivel e aumentará o seu nivel de progresión, competindo contra grandes canteiras do fútbol galego.

Xogador durante cinco anos, e vivindo agora como técnico o día a día da base, ¿Cómo ves a saúde das categorías inferiores da SD?

Eu son dos que opino que cando se traballa se recollen froitos, sexa antes ou despois. O máis importante é que todos os que pertencemos a este clube sabemos da importancia destas categorías inferiores para o fútbol de Chantada, e os encargados da base temos que ser capaces de transmitirlles os rapaces precisamente iso. Sempre existirán xeracións mellores e peores en canto a condicións para esto do fútbol, pero todos somos iguais de válidos para crear un sentimento de clube máis que necesario. Estou convencido de que na base da SD Chantada hai bos mimbres para elo. Sigo a liña que marcaba Pepe Martín cando chegou a este clube, creo que con traballo e fomentando valores básicos podemos seguir enchendo esto de “Kadetes”.

Centrándonos un pouco máis no apartado de adestrador, ¿qué metas e ambicións ten Traste de cara ó futuro?

Eu son dos que vivo o día a día e creo que agora mesmo estou no mellor sitio posible para seguir aprendendo e collendo experiencia necesaria para seguir dedicándome a esto. Considero que con 23 anos é un luxo que otorguen en ti a responsabilidade de seguir formando rapaces que sí van a ter protagonismo inmediato nas categorías senior a diferencia de outros clubes. Estou moi contento e ilusionado de traballar na que considero a miña casa. Si estou obligado a pensar no futuro, creo que quero dedicarme a esto durante moito tempo xa que é unha das miñas paixóns, intentándome acercar o máximo posible o mundo profesional deste deporte.

 

Falandoxa do primeiro equipo, do que formas parte como xogador. ¿Qué balance fas da tempada do cadro de Pepe Martín?

Creo que a temporada está seguindo o seu cauce lóxico. Era necesario un período de adaptación despois dos numerosos cambios respecto a pasada tempada, e isto pasounos factura en canto a resultados no primeiro tramo de liga. Unha vez que nos fomos asentando na categoría, o equipo demostrou unha clara melloría en solidez e na súa estructura defensiva, o que se traduciu en conseguir puntos e acercarnos así a unha serie de equipos que intentaban xa deixarnos atrás. Estamos nunha boa dinámica de traballo e notamos como os demais equipos nos respetan máis ca nunca. Somos capaces de poñer en apretos a calquera equipo da categoría. Queda moita tempada por diante e confío en seguir escalando posicións que nos leven a cumplir o obxetivo da permanencia, sobre todo porque vexo un sentimento de clube que creo que será clave para manternos con moita vida en situacións complicadas. Un reto bonito para todos e que estou seguro de que vamos chegar a esa meta que nos propuxemos.

¿Gustaríache engadir algo máis?

Pois falar algo sobre o fútbol base en xeral. Creo que precisamente o fútbol tamén vai acorde o momento da sociedade actual. Creo que estamos nunha situación complicada para tratar de fomentar valores nos rapaces que xogan a este ou calquer deporte. E digo complicada porque creo que son varios os frentes que temos abertos e varias loitas nas que estamos inmersos para esto. Cada vez os rapaces teñen acceso a máis alternativas para os seus momentos de ocio, pero o problema que plantexo non se queda en que poidan elexir entre baloncesto ou fútbol, senon que aparecen novas formas de vida que acaben por estar por riba dunha práctica saudable como poder ser calquer actividade deportiva. Fagamos un chamamento á cordura e o máis importante, unamos as nosas forzas e nunca as separemos, para ir da man na búsqueda duns valores necesarios para ir transformando a sociedade dende a nosa pequena parcela e dende algo tan bonito como este deporte.

Gracias e #VamosChantada!