Xende(adestrador do cadete e xogador do Chantada B)

 

"Que o filial da SD poida estar competindo en primeira ten un mérito enorme, pero tamén supón unha gran dureza"

"¿Como adestrador?: Polo de agora seguir formándome tratar de axudar ós rapaces ós que poida axudar"

 

"Considero a tempada do equipo cadete moi productiva, os obxetivo propostos creo que están a cumplirse"

"Creo que a orientación da SD respecto ás categorías inferiores é clave: toda a institución encontraráse saudable mentres esto siga sendo así"

Antes de nada, analízanos a tempada do cadro cadete ata o de agora.

Considero a tempada do equipo cadete moi productiva. Os obxetivos propostos de maneira conxunta creo que están a cumprirse. O obxetivo do corpo técnico é a formación de mellores persoas e seguidamente de xogadores o cal se está a cumprir. A nivel de resultados considéroa una tempada aceptable na que se competiu na maioría de partidos. Así mesmo cando o equipo xuvenil precisou dalgún xogador os nosos cadetes aportaron o que se lles esixía entoando en gañas e esforzos.

Tras un inicio moi malo a nivel resultados, o equipo está a ter unha gran dinámica na segunda parte do campeonato, ¿a qué cres que é debido?

Non creo que haxa un so factor que determine esta situación nin creo que a mellora sexa digna de resaltar. A base foi a acomodación á categoría. Nestas idades os equipos cambian enormemente ano tras ano dificultando a toma de nivel. Comezamos con “mal pé” e entramos nunha dinámica negativa a nivel de resultados. A hora de adestrar os rapaces non escatimaron en esforzos e a recompensa chegou.

¿Cal cres que é ou debe ser o obxectivo deste equipo?

Cando estaba a un ano de rematar a carreira comecei a pensar na posibilidade de ser adestrador e tamén me propuxen cales serían os meus obxetivos nun teórico equipo. Por sorte son os mesmos que buscaban na directiva e que creo que son os primordiais a estas idades. A meta deste equipo é divertirse. Pode considerarse como algo trivial pero na miña forma de entender o deporte é clave. A través deste obxetivo poderemos traballar sobre outros. A diversión creará hábitos saudables entre os rapaces axudándoos a mellorar o seu estado físico e psíquico. Tamén os motivará para a mellora individual e colectiva nos aspectos relacionados co xogo. Melloraran as relacións interpersoais... E a través de todo o anterior ganaranse partidos, como consecuencia non como fin.

Xogador durante cinco anos, e vivindo agora como técnico o día a día da base, ¿Cómo ves a saúde das categorías inferiores da SD?

Vexo as categorías inferiores moi saudables. Creo que a orientación que ten a SD é clave nesta situación. Ver ao primeiro equipo ou ao filial, cheo de xogadores da canteira e da zona fainos sentir a todos orgullosos. O clube só trata de devolver o que os rapaces merecen coa súa implicación, esforzo e gañas. Toda a institución encontrarase saudable mentres isto siga sendo así.

Centrándonos un pouco máis no apartado de adestrador, ¿qué metas e ambicións ten Xende de cara ó futuro?

Metas, ambicións e obxetivos moi elevados deses cos que te tachan de tolo. Pero cada cousa ao seu tempo. Polo de agora gozar do que me gusta facer, intentando axudar no máximo posible aos xogadores que teña a sorte de adestrar, seguir formándome e aprendendo de todos.

Falando xa do equipo filial, do que formas parte como xogador. ¿Qué balance fas da tempada do cadro de dirixe Juan?

A tempada está a ser o esperado. Que o filial de SD poida estar competindo en primeira ten un mérito enorme pero tamén é dunha gran dureza. Como comento o equipo está competindo en todos os partidos con opcións de conseguir puntos. Pese que agora mesmo a posición na táboa non é a desexada, a única idea do equipo é seguir na mesma liña de traballo. Creo que todos estamos intentando gozar dun ano bonito e unha categoría moi bonita e a final de tempada veremos onde competirá o Chantada B para o próximo curso.

¿Gustaríache engadir algo máis?

Gustaríame dar as grazas. Ás escolas deportivas por mostrarme a importancia do deporte e os seus valores. Á SD por seguir formándome como persoa e permitirme gozar do meu xogo favorito. En especial gustaríame darlle as grazas a Héctor Souto, de pequeno tiven a sorte de que me adestrase e a todos nos quedou un gran recordo del. Fixen a súa mesma carreira e dende entón é un referente no que fixarme.