A piques de comezar as pretempadas dos equipos sénior

O primeiro equipo da S.D.Chantada comezará a pretempada o próximo martes día 27 de xullo ás 9 da noite. Montoto afrontará a súa segunda tempada no banquillo da S.D., ademais de confirmarse a continuidade de todo o plantel da tempada pasada. Á pretempada uniránse os xogadores que promocionan do equipo xuvenil de Liga Galega.

Pola súa parte, o Chantada B empezará os adestramentos o mércores día 4 de agosto ás 9 da noite, día en que Marolas se presentará ante os seus novos xogadores.