Javi regresa á S.D. Chantada unha campaña despois

Javier Darriba del Río "Javi", xogará a vindeira campaña na S.D. Chantada. Logo de marchar hai un ano para o C.D. Lalín, e tras rematar a tempada na S.D. Monterroso, Javi regresa ó conxunto do Sangoñedo, onde xa xogou en Rexional Preferente cinco campañas.

Deste xeito, o zurdo monterrosino, que pode actuar de lateral ou interior esquerdo, convírtese no primeiro reforzo do primeiro equipo, que comezará a adestrar o próximo martes día 27 ás 9 da noite e no que continúan todos os compoñentes da tempada pasada.