O Chantada comezou a pretempada onte martes

O primeiro equipo da S.D. Chantada empezou os adestramentos onte martes. Na primeira sesión da pretempada, Montoto tivo á súa disposición ó plantel do ano pasado, ó que hai que engadirlle o fichaxe de Javi e as incorporacións dos equipos das categorías inferiores.

Os chantadinos pecharán esta semana con outras dúas sesións preparatorias, para disputar o domingo na Pastoriza o primeiro título oficial da campaña, a Supercopa, na que se medirán ó C.D. Lugo e ó C.P. Calasancio nun triangular.