Os equipos xuvenís comezarán a pretempada o próximo martes

Os equipos xuvenil A e xuvenil B da S.D. Chantada botarán a rodar o próximo martes día 3 de agosto ás 6:30 da tarde. Todos os rapaces xuvenís están convocados para esta sesión, a primeira de preparación no ano no que o xuvenil A se estreará en Liga Nacional.

Óscar Méndez terá á súa disposición a tódolos xogadores para ir perfilando o plantel do próximo ano.

Por outra parte, xa están confirmados os partidos amigables do xuvenil A para esta pretempada. Os de Óscar estrearánse o día 7 fronte ó Maside, para medirse unha semana máis tarde ó Villalbés no Sangoñedo.

O día 21, sábado das Festas Patronais, chegará o prato forte da pretempada, cun enfrontamento no Sangoñedo ante o Calasancio de División de Honra. O día 28 os chantadinos mediránse ó Pabellón b, para pechar a pretempada cun enfrontamento a domicilio fronte ó Lalín.