Os nosos equipos xogan no Sangoñedo esta fin de semana

Días de fútbol no Sangoñedo. Xoves, sábado e domingo, todo aquel que teña mono de fútbol, poderá achegarse ó noso campo para ver fútbol de tódalas categorías.

O primeiro partido será o que enfrente ó primeiro equipo da S.D. ante o Barbadás B, o xoves ás 9 da noite.

O sábado haberá tres encontros: ás 11 da mañá o xuvenil B mediráse ó xuvenil do Antas, mentres que pola tarde haberá xornada doble: ás 6 da tarde o equipo cadete mediráse o equipo de Liga Galega do Vilalbés, e ás 7:30, ó remate do anterior, o xuvenil A de Óscar Méndez mediráse á mesma escadra, o Vilalbés de Liga Galega.

O domingo será o turno de novo para os equipos sénior. Ás 6 da tarde o Chantada mediráse a un rival da súa categoría, a Milagrosa, e ó remate deste encontro, ás 8, o Chantada B disputará o seu primeiro amigable de pretempada ante Agolada.