O equipo feminino estréase este domingo ás 5 da tarde no Sangoñedo
www.sdchantada.com/ 01-09-11

Achégase un día histórico para o fútbol chantadino. O domingo ás 5 da tarde, o equipo femenino da S.D. debutará en competición oficial ante o Atlético Melide. Por primeira vez na historia, un equipo de fútbol-11 competirá defendendo ó noso pobo.

O que hai un ano parecía unha utopía, convírtese xa nunha realidade gracias ó interese amosado durante os últimos 12 meses polas integrantes de dito equipo, sen esquecernos dos adestradores, que desde o primeiro momento se volcaron con este cadro.

O domingo, as rapazas dirixidas por Rigui, debutarán en competición oficial, enfrontándose ó Atlético Melide. Despois de varios amigables, e a pesar da súa melloría ó longo deste ano, todavía non se conseguiu saborear ningunha victoria, e non habería mellor xeito para facelo que debutando en competición oficial e na casa.

Desde agora, xa hai un novo equipo ó que animar desde as bancadas do Sangoñedo… este domingo, primeiro partido de liga…achégate ó noso campo!!!

ENTREVISTA Á XOGADORA EVA (pulsar para ver)