O Chantada afronta a primeira saída da tempada ó feudo do Xallas
www.sdchantada.com/ 01-09-11

O Chantada mídese este domingo ás 6 da tarde e a domicilio ó Xallas, na que será a primeira saída da tempada do retorno a Preferente. Despois de derrotar ó Xove Lago na xornada inaugural, os de Carolo buscarán prolongar este bo resultado, pero non será nada doado, pois o seu rival vén de derrotar por 0-1 ó O Val, un dos favoritos ó ascenso, na primeira xornada de liga.

Ademais, o Xallas xogará co punto a favor de que os seus afecionados poderán volver a ver ó seu equipo en Preferente 23 anos despois, polo que a motivación por intentar manter a categoría será maior. Os de Santa Comba reforzáronse para conseguir a permanencia, e serán un rival complicadon para os de Chantada, que intentarán amosar a domicilio a mesma cara que como locais.