O equipo femenino sucumbiu ante o Melide por 0-6
www.sdchantada.com/ 04-09-11

O equipo femenino estreouse en competición oficial cunha derrota por 0-6 ante o Melide, que vén de descender dunha categoría superior. Nun partido ante un bo rival, notáronse os nervios nas rapazas de Rigui no seu primeiro partido de Liga.

Nervios que posiblemente se incrementaron cando ós 10 minutos o resultado xa era de 0-2. Pese a ter ocasións, as chantadinas non conseguiron materializar, destacando un man a man de Iria no primeiro periodo.

Nun partido cun gran ambiente na bancada do Sangoñedo, que rexistrou unha gran entrada, as visitantes seguiron amosándose superiores ó longo dos 90 minutos e pecharon o marcador co 0-6.