O Chantada B impúxose ó Rodeiro por dous goles a un
www.sdchantada.com/ 04-09-11

O Chantada B impúxose por 2-1 ó Rodeiro da 3ª Rexional nun partido amigable. Os de Quique xogaron ben por momentos e crearon ocasións para marcar algún gol máis, ó igual que os visitantes, que desperdiciaron ocasións, entre elas un penalti.

Ó descanso chegouse con empate a un despois de que o Rodeiro igualara o tanto de Tara. No segundo periodo, Noé daríalle a victoria ós chantadinos.