O xuvenil A caeu ante o Calasancio de Liga Nacional
www.sdchantada.com/ 04-09-11

O xuvenil A caeu na súa visita ó campo do Calasancio xuvenil de Liga Nacional por catro tantos a un. Nun novo partido de preparación, os chantadinos foron superados por un rival superior. O tanto dos nosos foi obra de Fabio. A falta de dúas semanas para o inicio da competición, os de Óscar deben seguir traballando duro para afrontar con garantías a súa visita á casa do Santa Mariña.