O Chantada recibe este domingo ás 6 da tarde ó Dumbría
www.sdchantada.com/ 07-09-11

O Chantada enfróntase este domingo ás 6 da tarde no Sangoñedo ó Dumbría na 3ª xornada de liga. Os de Carolo suman 4 puntos no arranque da competición, e buscarán continuar con esa dinámica positiva.

Pola súa parte, os visitantes son outro equipo recén ascendido que sumou un punto nas dúas xornadas inaugurais, polo que virá a por todas ó Sangoñedo en busca de sumar a súa primeira victoria da tempada.