O Chantada B comeza a competición en Monterroso
www.sdchantada.com/ 07-09-11

O Chantada B de Quique Robles estréase este domingo en competición oficial. Os chantadinos volven á 2ª Rexional despois de dúas tempadas na 3ª. E o estreo será nada máis e nada menos que cun derbi ante o Monterroso, nos Cerdeiriños, o domingo ás 5 da tarde.

Tras finalizar a pretempada con 2 victorias e 3 derrotas os chantadinos esperan xa con ganas a xornada inaugural para empezar con bo pé a súa nova andaina nesta categoría.