O xuvenil B mídese a domicilio ó Arrabaldo na 1ªxornada
www.sdchantada.com/ 07-09-11

O xuvenil B enfróntase este sábado ás 12 da mañá como visitante ó Arrabaldo na primeira xornada de competición.

Os de Rodrigo, que xa levan máis dun mes de preparación, afrontan con moitas ganas e ilusión esta nova tempada, na que se estrea o novo formato de competición, con dous grupos de 1ª autonómica.

Buscarán comezar con bó pé na súa primeira saída, na que se medirán a un rival que a tempada pasada quedou na zona media-baixa da táboa.