O femenino desprázase a Dubra na 2Ş xornada de liga
www.sdchantada.com/ 07-09-11

O equipo femenino desprázase ata Dubra para medirse este domingo á tarde ó cadro local na segunda xornada de liga. Será o primeiro desprazamento oficial das xogadoras dirixidas por Rigui, que na xornada inaugural, e cun Sangońedo abarrotado, caeron por 0-6 ante o Melide.

Pola súa parte, o Dubra, que ó igual que o Melide vén de descender dunha categoría superior, non xogou na primeira xornada, xa que foi o equipo ó que lle tocaba descansar.