O Chantada impónse por 2-1 ó Dumbría no Sangoñedo
www.sdchantada.com/ 11-09-11

O Chantada impúxose por dous goles a un ó Dumbría na terceira xornada da Rexional Preferente e segue invicto no ano do regreso a Preferente, sumando sete dos primeiros nove puntos disputados. Os de Carolo realizaron un bo encontro ante un rival que vendeu cara a súa derrota.

Na primeira metade o encontro estivo igualado, con ocasións para os dous equipos: as mellores dos chantadinos nas botas de Cañón e Pateiro, que non puideron concretar, mentres que Melendo interveu con acerto nas dúas ocasións visitantes.

No segundo periodo comezou mellor o Dumbría, que tivo un par de ocasións, pero co paso dos minutos foi o Chantada o que pasou a dominar, e Adri marcou o 1-0 no minuto 68 cun gran disparo tras un barullo na área. Só tres minutos despois, Brais encarrilaba o choque con outro bo tiro.

 

A partir deste tanto os visitantes adiantaron liñas en busca de recortar distancias. Conseguiríano no minuto 86 ó transformar un penalti. Reclamaron unha pena máxima tamén os chantadinos, pero neste caso o colexiado non o sinalou. Incertidume ata o final polo único gol de vantaxe dos locais, pero a zaga chantadina non permitiu que os visitantes se achegasen á meta hoxe defendida por Melendo e os tres puntos quedaron na casa.