O Chantada B comeza a liga cun triunfo por 0-3
www.sdchantada.com/ 11-09-11              

O Chantada B venceu por 0-3 ó Monterroso no primeiro partido de liga. Os de Quique Robles realizaron un partido moi serio a nivel defensivo e crearon moitas ocasións en ataque. O Monterroso loitou ata o final, pero os chantadinos foron superiores e leváronse merecidamente os tres puntos.

Comezaron moi ben os nosos, que se adiantaron pronto, logo de que Adrián definira moi ben ante o meta rival un servicio de Chicho. Tras este tanto os de Quique Robles sentíronse cómodos no campo, pero a partir do minuto 30 o Monterroso adiantou liñas e chegaron os seus mellores momentos, nos que gozaron dunha ocasión nas botas de Lorenzo, cuxo disparo se foi rozando o poste. Así se chegou ó descanso.

No segundo periodo saíron con moita intensidade os chantadinos, que anotaron o 0-2 no minuto 51 nunha xogada que, tras varios tiros, terminou culminando Tara. Só cinco minutos despois, o Chantada B sentenciaba o encontro, logo de que unha gran xogada colectiva fora rematada de cabeza ó fondo da rede por Diego tras un gran centro de Cubano. De aquí ó final os chantadinos non baixaron a intensidade, e Noé puido ampliar a conta, pero o seu remate foise rozando o poste.