O xuvenil B perdeu por 2-1 no seu debut ligueiro
www.sdchantada.com/ 11-09-11              

O xuvenil B perdeu por 2-1 no seu debut ligueiro no feudo do Arrabaldo. Os chantadinos plantaron cara, deron boa imaxe e tiveron opcións de empatar ata o final, pero finalmente viñéronse de vacío do seu desplazamento.

Adiantáronse nos primeiros minutos os locais cunha xogada a balón parado, pero reaccionaron rápido os de Rodrigo e igualaron por medio de Bruno, que cun bo remate facía a igualada.

Aínda non transcorrían vinte minutos de xogo cando nunha contra chegaba o 2-1. Con este marcador chegouse ó descanso.

O xuvenil B intentouno no segundo periodo, incluso cun gol anulado e moi protestado, logo de que unha falta indirecta sacada por Novelle fora introducida na súa portería polo meta local, e o colexiado invalidara a xogada ó non interpretala así. Bo traballo dos chantadinos ata o final, pero non serviu para puntuar.