O femenino perdeu 4-0 en Dubra, pero deu boa imaxe
www.sdchantada.com/ 11-09-11

O equipo femenino perdeu por 4-0 na segunda xornada de liga. As chantadinas deron boa imaxe e amosaron melloría respecto o primeiro partido, pero as locais, descendidas dunha categoría superior, foron mellores e a súa dianteira marcou as diferencias.

Ó descanso o marcador xa era de 2-0, despois dun maior dominio local, aínda que as nosas, moi ben plantadas sobre o terreo de xogo, tiveron unha boa ocasión nas botas de Iria.

No segundo periodo seguiu o partido na mesma tónica, e as locais ampliaron a renta ata o 4-0 definitivo. A próxima semana as chantadinas non competirán, xa que lles toca descansar.