Os cadetes pecharon a pretempada con victoria ante o Lalín
www.sdchantada.com/ 11-09-11            

Os cadetes pecharon a pretempada cunha victoria por tres tantos a cero ante o equipo de Liga Provincial das Escolas de Lalín. Os de Juan foron moi superiores e venceron xustamente, no último amigable antes de iniciar a liga a vindeira semana na casa do Calasancio B. Os tantos chantadinos foron obra de Noé, Michi e Álex.