Nova sección na nosa páxina: a quiniela da semana
www.sdchantada.com/ 14-09-11            

Nace unha nova sección na páxina web, coa intención de aumentar a participación dos internautas. Será "A quiniela da semana", e o formato será o seguinte: poñeráse unha lista con 10 partidos cada semana, formada polos encontros dos equipos do clube que compitan esa semana, e os demais aleatorios (partidos de calquera categoría profesional ou aficionada), ata sumar un total de dez. Os participantes deberán facer o seu pronóstico co tradicional sistema de quiniela: 1, X ou 2.

Ademais, para darlle un maior incentivo a esta sección, haberá premios para os ganadores, do seguinte xeito: faráse unha clasificación cada 5 xornadas, e o participante que máis acertos tivera no total desas cinco xornadas será obsequiado cun premio que se anunciará antes de comezar a primeira desas cinco xornadas. Ademais, o xogador que máis puntos acumule en toda a tempada recibirá tamén un premio.

Para poder optar ós premios, e coa intención de que ningunha persoa empregue máis de unha conta para participar, a maneira de inscribirse será a seguinte: primeiro débese crear unha conta no foro cun pseudónimo, e unha vez feito esto, deberáse enviar un correo electrónico a juanrg79@hotmail.com ou unha mensaxe privada ó administrador do foro (Juan) no que se indiquen os datos do participante que corresponden a cada pseudónimo. En caso de calquera dúbida podédesvos poñer en contacto con esta web do mesmo xeito.

Esta fin de semana, realizaráse a Quiniela, como proba, pero todavía non computará para a clasificación, polo que a primeira quiniela "oficial" será a dos partidos do 25 e 26 de setembro.

Todo este xogo realizaráse a través do foro, e as mensaxes de resposta deberán ser publicadas como resposta ó tema "A QUINIELA DA SEMANA", que o administrador publicará cada semana.

A quiniela desta semana será a seguinte:

Preferente: S.D. Compostela - S.D. Chantada
2ª Rexional: Chantada B - Santa Comba
Liga Galega Xuvenil: Santa Mariña - S.D. Chantada
1ª Provincial Xuvenil: S.D. Chantada - C.P. Calasancio B
1ª Provincial Cadete: Calasancio B - S.D. Chantada
2ª Rexional: Brollón - Monterroso
1ª Rexional: Lemos - Lourenzá
1ª Rexional: Pastoricense - Taboada
2ª División: Deportivo da Coruña - Sabadell
2ª División: Almería - Celta

¡¡¡¡¡Anímate e participa nesta sección, amosa que coñeces o noso fútbol!!!!!