A SD.Chantada visita San Lázaro para medirse ó Compostela
www.sdchantada.com/ 15-09-11            

O Chantada disputa este domingo ás 5:30 da tarde a cuarta xornada do campionato ligueiro. Logo dun bo inicio de campionato, os chantadinos enfróntanse ó Compostela, o único equipo da liga que suma os nove puntos disputados.

Será un partido de suma dificultade o que disputen os homes de Carolo en San Lázaro, xa que o cadro santiagués ten como claro obxectivo o ascenso e está a realizar un bo inicio de campionato.

Non obstante, os chantadinos buscarán dar a sorpresa e seguir sumando de cara á permanencia.