O Chantada B mídese ó Santa Comba este domingo ás 5
www.sdchantada.com/ 15-09-11            

O Chantada B disputa o seu primeiro partido de liga como local este domingo ás 5 da tarde fronte ó Santa Comba. Os chantadinos, que deron unha boa imaxe na xornada inaugural, na que venceron por 0-3 ó Monterroso, mídense a un conxunto que empatou na primeira xornada.

Os discípulos de Quique Robles buscarán un bo comezo ante a súa afición, sendo conscientes de que deben tratar de sumar tódolos puntos posibles como locais.