O xuvenil A comeza a liga o sábado a domicilio
www.sdchantada.com/ 15-09-11            

O xuvenil A disputa este sábado a domicilio a primeira xornada de liga. Logo de descender polos arrastres a tempada pasada de Liga Nacional, os de Óscar Méndez afrontan con moitos cambios o ano do retorno a Liga Galega.

O obxectivo, como cada tempada, será competir o mellor posible. Non terán un inicio nada doado, pois mediránse ó Santa Mariña, un dos clásicos da categoría.