O xuvenil B xoga o primeiro partido como local
www.sdchantada.com/ 15-09-11            

O xuvenil B xoga este sábado ás 11:30 da mañá o seu primeiro partido como local na presente campaña. Os chantadinos, que caeron na xornada inaugural ante o Arrabaldo por 2-1, mídense a un dos fortes da categoría, o Calasancio B.

Os chantadinos caeron ante este conxunto na pretempada por 5-0 en terras monfortinas, pero esperan que este sábado, xa en competición oficial, a cousa cambie e consigan sacar algún resultado positivo.