Os cadetes inician a liga a domicilio ante o Calasancio B
www.sdchantada.com/ 15-09-11            

Os cadetes comezan a competición este sábado ás 6.15 en terras monfortinas ante o Calasancio B. Despois da tempada pasada, na que o equipo se quedou ás portas do ascenso, os chantadinos sufriron moitos cambios no seu plantel, polo que parten sen un obxectivo claro para comezar a tempada.

No partido do sábado buscarán conseguir a súa primeira victoria da tempada ante un rival ó que derrotaron 0-4 na pretempada, pero xa se sabe que os partidos de competición son totalmente distintos e non se deben confiar se queren sacar algo positivo.