O Chantada sucumbiu en San Lázaro por 2-0 ante o Compos
www.sdchantada.com/ 19-09-11            

O Chantada perdeu por 2-0 ante o Compostela, líder da categoría, nun encontro no que os de Carolo deron a cara, pero non foron quen de remontar os dous goles dos santiagueses na primeira metade, a pesar de que o tramo final do encontro foi chantadino. Os nosos protestaron o penalti que supuxo o 1-0 no minuto 14.

Comezou o encontro sen un claro dominador, pero coa sensación de que os locais tiñan moito perigo nos últimos metros. Abriuse o marcador no minuto 14, cando Melendo era batido desde os 11 metros despois de que o colexiado sinalara un penalti moi protestado polos nosos. Terían os santiagueses outra boa ocasión que salvou Melendo, pero no minuto 31 chegaría o 2-0 á saída dun córner.

No segundo periodo, e co resultado adverso, o Chantada viuse obrigado a adiantar liñas, e tivo varios achegamentos para recurtar distancias ata os instantes finais, pero non o conseguiu e o resultado non se moveu, polo que os de Carolo sufriron a primeira derrota da tempada.