O Chantada B traballou o triunfo ata o último minuto
www.sdchantada.com/ 19-09-11            

O Chantada B sumou o seu segundo triunfo da tempada nun partido moi traballado ante o Santa Comba no que os locais acabaron con 9 e os visitantes con 10. No primeiro periodo os locais foron superiores e fóronse ó descanso con vantaxe, pero os visitantes igualaron no segundo periodo e o 2-1 non chegaría ata o minuto 80.

Comezou o encontro cun Chantada B que quería a posesión do balón, pero cun Santa Comba moi ben plantado no terreo de xogo que dificultaba que os chantadinos puideran profundizar en ataque. Aínda así, os achegamentos máis perigosos eran locais. Os visitantes intentaban saír rápido, pero non disfrutaron de ocasións neste primeiro periodo. Unha gran xogada persoal de Jordi Batlle remata cun centro deste que Adrián empuxa ó fondo da rede, poñendo o 1-0 no minuto 34 de encontro.

Na segunda metade os chantadinos saíron algo imprecisos, e o Santa Comba aproveitou eso para adiantar liñas e comezar a achegarse á meta de Dani, aínda que sen perigo. No minuto 62 chegaría o tanto da igualada, despois de que un atacante visitante aproveitara un rexeite nunha falta.

Tras uns minutos sen dominador, os locais pasaron a tomar o mando do encontro en busca da victoria, e no minuto 80 chegaría o segundo tanto logo de que Rodrigo rematara ó fondo da rede un gran servicio de André nun falta. A partir de aquí o partido enloquecería e prolongaríase ata o minuto 97: primeiro era expulsado Jordi Failde por un riguroso doble cartón amarelo; quedaríanse con 9 os nosos despois dunha cartulina vermella a Tara moi protestada despois dunha acción fortuita, e uns minutos despois o Santa Comba quedaríase con 10 homes.

Os chantadinos tiveron que resistir o empuxe final visitante, e deste xeito conseguiron tres novos puntos moi importantes neste arranque ligueiro.