O xuvenil A comeza a liga con derrota nun partido igualado
www.sdchantada.com/ 19-09-11            

O xuvenil A iniciou con derrota a tempada, tras caer por 2-1 ante o Santa Mariña. Foi un encontro igualado no que os chantadinos mereceron puntuar.

Saíron mal os nosos, e froito deso adiantáronse os locais nos primeiros minutos. Co paso do partido foron entrando no encontro os chantadinos, e Tapitas igualaría a contenda cunha boa definición ante o meta rival tras un bo servizo de Traste. Cando estaban ben os de Óscar, e aínda na primeira metade, chegaría o segundo tanto local.

O segundo periodo só tivo unha cor, que foi a visitante, xa que os chantadinos intentárono por tódolos medios, pero non foron quen de bater a meta rival e tiveron que volverse de vacío da súa visita a terras viguesas.