O xuvenil B perdeu ante un Calasancio B superior
www.sdchantada.com/ 19-09-11            

O xuvenil B perdeu por 0-2 ante o Calasancio B, un dos fortes da categoría. A pesar de que os visitantes foron superiores, os de Rodrigo venderon cara a súa derrota e o tanto da sentencia non chegou ata os últimos minutos.

O primeiro tempo foi de dominio visitante, e os chantadinos tiñan moitas dificultades para saír en ataque. Mediado o primeiro periodo chegaría o 1-0 tras unha xogada ben definida.

No segundo periodo, os locais buscaron o empate, pero sen inquietar apenas a meta visitante, mentres que o Calasancio, cunha xogada con bastante fortuna, fixeron o 0-2 no minuto 80.