Os cadetes perderon 1-0 no debut ligueiro
www.sdchantada.com/ 19-09-11            

Os cadetse perderon 1-0 ante o Calasancio B nun encontro no que os de Juan mereceron moito máis e incluso estrelaron o balón no pao dúas veces, pero no que os locais, dirixidos por Perri, souperon realizar o seu encontro e leváronse os tres puntos.

No primeiro periodo, se ben dominaron os chantadinos, fixérono sen moito ritmo, facilitando a labor defensiva local; aínda así, as únicas ocasións do primeiro periodo foron visitantes, destacando un disparo de Álex que salvou o meta rival.

No segundo periodo, e posiblemente na única chegada perigosa dos monfortinos, chegaría o 1-0 no minuto 3. A partir de ahí os nosos dominarían e comezarían a crear perigo e ocasións ata o final, pero era un deses días nos que a pelota non quere entrar, nin sequera nas tres opcións máis claras dos nosos, todas elas nas botas de Adrián, que se topou dúas veces cos paos e unha cunha gran intervención do meta local.