O Chantada recibe ó Boiro o domingo ás 5:30 da tarde
www.sdchantada.com/ 21-09-11            

O Chantada mídese o domingo ás 5:30 da tarde ó Boiro, un dos fortes da categoría. Logo de sufrir ante o Compostela a primeira derrota da tempada, os de Carolo buscarán facerse fortes no seu feudo.

Ata o de agora, os chantadinos lograron vencer nos dous encontros que disputaron como locais, e tratarán de seguir coa dinámica positiva. Saben que non o terán nada fácil, pois enfronte terán a un conxunto que suma 9 dos primeiros 12 puntos disputados e que se sinala como un dos favoritos ó ascenso.