O Chantada B visita ó Friol este sábado ás 5 da tarde
www.sdchantada.com/ 21-09-11            

O Chantada B xoga este sábado ás 5 da tarde a domicilio ante o Friol na terceira xornada de 2ª Rexional. Os de Quique Robles, que venceron nas dúas primeiras semanas, enfrontaránse a un equipo que suma 4 puntos e que o ano pasado quedou 3º clasificado.

Será, polo tanto, unha saída moi complicada para os chantadinos. Non obstante, os nosos tratarán de prolongar o bo comezo da competición e seguir sumando.