O xuvenil B visita ó Rúa, un dos fortes da categoría
www.sdchantada.com/ 21-09-11            

O xuvenil B visita este sábado á tarde ó Rúa na terceira xornada da liga. Os de Rodrigo, pese a dar a cara nas dúas primeiras citas, todavía non conseguiron puntuar. E non visitan o sitio máis idóneo para facelo, pois mídense a un conxunto que leva 6 puntos e que se presume como un dos favoritos da categoría.

Aínda así, os nosos tratarán de facer un bo encontro e sumar algo positivo na súa visita ás terras de Valdeorras.