O femenino mídese este domingo á mañá ó Villestro
www.sdchantada.com/ 21-09-11            

O equipo femenino volve á competición este domingo logo da semana de descanso. As chantadinas afrontarán o seu terceiro encontro da tempada este domingo ás 11:30 no Sangoñedo.

As rapazas dirixidas por Rigui, tratarán de sumar os primeiros puntos da tempada ante o Villestro, que nestas tres primeiras xornadas sumou 4 puntos, e que ven de caer ante o Dubra.