O Chantada venceu por 2-1 a un gran Boiro
www.sdchantada.com/ 25-09-11   

O Chantada sumou unha nova victoria como local logo de derrotar ó Boiro por 2-1. Foi un triunfo moi traballado e sufrido ante un rival que realizou un gran encontro e amosou por qué é un dos claros favoritos ó ascenso, facendo méritos para poder puntuar nun Sangoñedo que presentou unha entrada de gala, pero os de Carolo tamén realizaron un serio partido e xa suman 10 puntos no arranque da tempada.

O encontro comezou con mal pé para os chantadinos, pois no minuto 2 de encontro xa se adiantaban os visitantes, que aproveitaban un rexeite nun córner para facer o 0-1.

Lonxe de acusar este tanto, o Chantada comezou a ter o dominio do encontro, e chegaron os mellores momentos de xogo, cun Boiro que facía rápidas e perigosas transicións e un Chantada que buscaba o empate realizando un bo xogo. Chegaría unha vaselina de Kadete que se foi por moi pouco, e no minuto 17 Óscar aproveitaría un servicio de Rubén, que sacou rápido unha falta, para batir ó meta rival cun gran disparo e igualar a contienda.

Eran os mellores minutos de xogo dos locais, e no 19 Kadete faría o 2-1 ó empurrar ó fondo da rede un bo servicio de Rubén desde a banda. De ahí ó descanso, ningunha acción clara que destacar nas áreas, pero o Sangoñedo disfrutaba dun encontro vistoso e emocionante.

Á volta dos vestiarios o Boiro saiu como dominador do encontro, buscando o tanto do empate. Con calidade e paciencia buscaban os visitantes achegarse á meta de Guitián, pero o Chantada traballaba ben en defensa e non facilitaba os ataques visitantes. Chegaría unha clara ocasión do Boiro, pero Guitián salvaría ben.

No minuto 72 o Boiro quedábase cun home menos tras unha expulsión por dobre cartón. Xa no tramo final de encontro, e cos visitantes en busca do empate, o Chantada tivo opcións á contra para pechar o partido, pero non o conseguiu e debeu sufrir ata a última xogada, no minuto 95, cando os visitantes desperdiciaron unha gran ocasión.