O Friol levouse os tres puntos no segundo periodo
www.sdchantada.com/ 25-09-11   

O Chantada B sufriu a súa primeira derrota da tempada na súa visita ó complicado campo do Friol, que derrotou ós nosos por dous a cero gracias a dous tantos conseguidos no segundo periodo. Un cadro local con moito oficio e veteranía impúxose ós nosos que, aínda que o intentaron, non tiveron o seu mellor día.

Comezou dominando o cadro local, chegando á área rival, aínda que sen crear apenas ocasións. Tras unha boa xogada persoal, un centro atrás paséase pola área de Dani pero non chega nadie a rematar. O Chantada B trataba de saír e adiantar liñas co paso dos minutos, pero notábase que non era o seu día e os de Quique non se atopaban cómodos no terreo de xogo. Aínda así, tras unha boa xogada Noé tería o 0-1 nas súas botas, pero o seu disparo marchouse rozando o poste. Así se chegou ó descanso.

A segunda metade seguiu moi trabada, con moita disputa e sen apenas xogo, ata que nunha contra os locais poñía o 1-0 no marcador no minuto 68. Cos nosos aínda acusando este tanto chegaría o 2-0 no minuto 73, poñendo o encontro aínda máis costa arriba. A partir de ahí os chantadinos intentárono por tódolos medios, con máis corazon e empuxe que xogo e cabeza, pero nin sequera así conseguiron bater a meta rival e sufriron a súa primeira derrota da tempada.