O xuvenil A suma o seu primeiro punto da tempada
www.sdchantada.com/ 25-09-11   

O xuvenil A sumou o seu primeiro punto da tempada logo de igualar o 0-2 inicial acadado polo Valladares.

A primeira metade foi de dominio visitante, e no minuto 30 o marcador xa reflexaba dous goles de vantaxe para eles. Os de Óscar Méndez estaban a realizar un xogo bastante deficiente e os vigueses vencían xustamente.

Á volta do descanso cambiaron as cousas, e máis desde que o Valladares se quedaba con 10 homes tras unha agresión sobre Cristian, que rematou coa nariz rota e ó que lle desexamos unha pronta recuperación. Tapitas recortaba distancias.

O Chantada buscaba a igualada, amosando moito empeño, empuxe e entrega, e Xende conseguiríaa no tramo final do encontro. O propio Xende estaría a piques de conseguir culminar a remontada, pero o seu remate foise por pouco. Antes do final, os visitantes quedaríanse con nove tras recibir unha nova expulsión.