O xuvenil B cae abultadamente goleado ante a Rúa
www.sdchantada.com/ 25-09-11   

O xuvenil B volveu da súa visita á Rúa cunha abultada goleada por 10-3 ante un conxunto local que amosou que é un dos claros favoritos a xogar a promoción de ascenos a Liga Galega e que conta os seus partidos por victorias, todas elas con comodidade.

Os locais colleron unha ampla renta ata o 5-1, pero despois os de Rodrigo recortaron distancias ata o 5-3, chegando a ter unha boa ocasión para facer o cuarto. Foi nuns momentos de despiste local, pois logo o Rúa volveu a tomar o mando do partido e completaron a goleada. Polo Chantada B marcaron Amancio e Manute por partida doble.