Os cadetes lograron a primeira victoria da tempada
www.sdchantada.com/ 25-09-11   

Os cadetes conseguiron os primeiros tres puntos da tempada logo de impoñerse por 3-0 ó Rúa, un bo rival. Os de Juan realizaron un partido completo e leváronse merecidamente os tres puntos.

Comezaron moi metidos no partido os locais, e adiantábanse pasados os dez minutos despois de que Samuel batera cunha boa vaselina a meta rival. O Rúa tería unha boa ocasión para empatar, pero o seu disparo foise ó longueiro.

O Chantada tamén estaría a piques de facer o 2-0 logo de que unha gran xogada colectiva rematara cun disparo de Noé que se foi por pouco. Chegaría no minuto 39 o segundo tanto, logo de que Adrián, cun gran tiro desde a frontal fulminara a meta visitante.

Á volta do descanso seguiu véndose un cadro local superior, ante o Rúa que seguía ben plantado no campo e en busca de aproveitar as súas opcións. Michi atoparíase ca madeira no seu disparo desde a fronta, pero no minuto 62 Adrián pecharía o partido logo de rematar cun bo cabezazo en plancha un centro de Samuel.