O Chantada afronta a terceira saída da tempada
www.sdchantada.com/ 28-09-11   

O Chantada visita este domingo á tarde ó Unión, outro equipo recén ascendido. Os chantadinos, que están a realizar un gran inicio de liga, buscarán seguir puntuando a domicilio, conscientes de que todo o que sexa sumar é positivo para conseguir o obxectivo da permanencia.

Non obstante, saben que o terán moi complicado, pois o rival só suma 2 puntos e tamén buscará o seu primeiro triunfo da tempada. Ademais, os de Carolo, que suman un punto nas súas dúas saídas tratarán de demostrar que fóra da casa tamén están capacitados para vencer.