O Chantada B recibe ó San Roque o domingo ás 5:30
www.sdchantada.com/ 28-09-11   

O Chantada B recibe este domingo ás 5:30 da tarde no Sangoñedo ó San Roque. Os chantadinos, logo de caer ante o Friol, tratarán de volver á senda do triunfo e facerse fortes como locais.

Non obstante, os de Quique Roblqe saben que non o terán nada fácil, pois mídense a un conxunto lucense que suma 4 puntos neste arranque ligueiro e que se está a converter nun dos clásicos da categoría.