O xuvenil A visita o feudo do Alondras o sábado
www.sdchantada.com/ 28-09-11   

O xuvenil A enfróntase este sábado a domicilio ó Alondras. Os de Óscar Méndez, que suman un punto trala disputa das dúas primeiras xornadas, buscarán sumar a súa primeira victoria.

Non obstante, saben que afrontan un desprazamento moi complicado, pois mídense a un conxunto que sempre compite na zona alta da táboa e que xa venceu o seu primeiro partido como local, polo que suma tres puntos.