Os cadetes visitan á Peroxa o sábado á mañá
www.sdchantada.com/ 28-09-11   

Os cadetes enfróntanse a domicilio este sábado ás 11:30 á Peroxa na terceira xornada de liga. Os de Juan, que veñen de sumar a primeira victoria da tempada ante a Rúa, buscarán sumar os seus primeiros puntos como visitantes.

Mídense a un conxunto que todavía non puntuou no que vai de campionato, polo que os nosos saben que deberán saír ó 100%, xa que se enfrontarán a un equipo que, como local, buscará lograr o seu primeiro resultado positivo da tempada.