O femenino mídese ó As Pontes o sábado ás 4:30
www.sdchantada.com/ 28-09-11   

O equipo femenino visita este sábado ás 4:30 da tarde ó As Pontes na 5ª xornada de liga, cuarto partido para as nosas, que na terceira semana descansaron.

Despois das dúas primeiras derrotas abultadas, a pasada fin de semana as rapazas de Rigui estiveron a piques de conseguir o seu primeiro punto, pero viron como o Villestro vencía no Sangoñedo no tempo de desconto.

O As Pontes, pola súa parte, suma 6 puntos, e buscará unha victoria que lle permita achegarse ós postos de cabeza.