O Chantada empata ante o Unión e segue sumando

www.sdchantada.com/ 03-10-11   

O Chantada sumou un novo punto a domicilio, esta vez ante o Unión, logo de empatar 1-1. Os tantos chegaron de penalti. Os chantadinos sen realizar un gran partido puideron sacar os tres puntos.

Foi un encontro igualado e con poucas ocasións no primeiro tempo. A única foi un gol anulado a Kadete por fora de xogo. Xa ó filo do descanso chegaría unha xogada polémica, cun penalti moi dudoso señalada a favor dos nosos. Rubén transformaría dende os 11 metros e poñería o 0-1 co que se chegou ó descanso.

O tempo de lecer prolongouse máis do habitual, pois o colexiado negouse a saír ó campo ata que non chegaran forzas de seguridade ante a crispación da afición local. Tras 45 minutos de descanso reanudouse o xogo, e no minuto 55 os locais empatarían de penalti.

A partir dese momento o Chantada foise en busca da victoria, pero primeiro Brais topouse co meta e logo co pao. Os de Carolo tamén reclamaron dous penaltis sobre Pateiro e Óscar Méndez que o árbitro non sinalou. 1-1 final e o Chantada xa suma 11 puntos. A próxima xornada Chantada-Dubra.